Friday 26 de April de 2024

II mostra do alumnado do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity na Casa da Cultura de Fene


A exposición “Yokais: monstros, pantasmas e outros seres do Laboratorio”, do alumnado Laudas Calamity, abre ao público este venres na Casa da Cultura de Fene. Trátase dunha exposición colectiva que xira entorno á temática do folclore xaponés, concretamente sobre o mundo dos monstros e pantasmas, tamén coñecidos coma Yokais. A mostra inaugúrase este mesmo venres, ás 18.30 horas pero a asistencia será con invitación previa e aforo limitado para cumprir cos protocolos Covid de seguridade e hixiene actualmente en vigor.

En “Yokais: monstros, pantasmas e outros seres do Laboratorio” poderanse ver obras de grande formato en feitura de pergamino xigante “que reciben a influenza do artista de e-maki-mono (rolo ilustrado) Sawaki Sushi e a súa obra Hyakkai zukan (compendio ilustrado de cen demos, completada en 1737). Estes pergaminos xigantes (150x110cm.) foron creados de xeito colectivo polos “chiquiartistas” a partir das súas propias historias yokais, dando lugar estas historias a bocetos que remataron plasmando nos pergaminos que se poden ver na mostra.

Ademais, as pezas de grande formato conviven na exposición con outras individuais de 75×35 cm.
Cada unha delas está inspirada nun texto da “Guía Ilustrada de Monstruos y Fantasmas de Japón” de
Sekien Toriyama (Ed. Quaterni, 2014) que cada un dos alumnos/as interpretou nestes soportes/pergamino.

Por último, na sala poderase ver unha instalación formada por unhas súper estructuras de bambú que soportan os pergaminos xigantes a modo de estandartes. Deste xeito, o espectador poderá camiñar entre os estandartes á vez que gozan dos pergaminos individuais.

A exposición “Yokais: monstros, pantasmas e outros seres do Laboratorio” amosarase na Casa da Cultura de Fene do 4 ao 30 de xuño en horario: de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas (até o 22 de xuño). A partir desa data, o horario será: de luns a venres, de 10 a 14,15 horas.